CAHIER DE DOLEANCES

lunes, 25 de septiembre de 2006


Hola a todos e todas:

"Cahier de dolèances" é unha sección desta a nosa bitácora que toma seu nome da época da Revolución Francesa. Tradúcese como "cadernos de queixas" e a través deles os diferentes grupos sociais expresaban diante das autoridades as queixas no seu vivir cotiá. Para os historiadores é unha fonte clave para coñece-la situación dos grupos sociais máis populares que á penas tiñas outra forma de expresión que nos teña chegado.
Nesta bitácora quere ser unha porta aberta a que expresedes as vosas queixas ou reivindicacións respecto á materia ou o que vos pareza (con plena liberdade, mais con respeto e educación).

¡Ánimo e participade!